DOCUMENTAL: EL PRECIO DE LO GRATUITO
Fai pouco vin un documental moi interesante que gustaríame compartir. Chámase "El precio de lo gratuito" é fala sobre os riscos e perigos que implica a web, servizo gratuito e accesible para calquer persona. (Déixovolo por aquí para que lle votedes unha ollada).
O documental xira ao redor da cuestión: Se o acceso á maior parte dos sitios web é gratis, de onde obteñen beneficios as empresas que invirten fortunas nos seus sitios web?
E é que o moneda empregada na web somos nós, a nosa información privada, que as empresas empregarán para obter beneficios (facilitando que aparezcan anuncios do noso interés nas webs ás que accedemos, como explicarei máis adiante). A peligrosidade atópase na incosciencia coa que aceptamos dar unha moi valiosa información.
A continuación, tratarei tres temas importantes:
·Como funciona o modelo de negocio gratuito de Google ou Facebook?
Como xa mencionei antes, os datos da persoa son recollidos e créase un perfil para así poner anuncios axustados aos seus gustos ás páxinas que accedan. Desta forma, as empresas con ánimo de anunciarse teñen por seguro que o seu anuncio chegará a persoas interesadas que compren o seu produto.
·É a xente consciente de como gañan tantos cartos empresas como Google ou Facebook?
A partir dunha pequena enquisa que realicei entre os membros da miña familia, podo decir que non. Das catro persoas coas que vivo, so unha (a miña irmá) sabía algo disto.
·Debería a xente xestionar os seus datos de xeito similar a como xestionan os cartos?
Definitivamente, deberían, ainda que isto non sería bo para as empresas.
Por último, centrandonos sobre todo na última cuestión tratada, gustaríame dar a miña opinión do documental. Paréceme moi adecuado difundir este tipo de información para que a xente sexa un pouco máis consciente de como os seus datos, a pesar de ser empregados principalmente con boas intencións, poderían rematar nas mans equivocadas e utilizarse con mal propósito, como conta a socióloga da universidade de Hardvar Dana Boyd, exemplificando co caso dos Paises Baixos cando os nazis empregaron información sobre as relixións dos habitantes na súa contra.
Falando agora da última cuestión, a de xestionar a información de maneira similar a os cartos, gustaríame citar un video moi interesante que vin fai uns días. (Os interesados podédelo ver a continuación).
O vídeo explica por que os casinos empregan fichas de plástico en lugar de diñeiro en efectiva nas apostas, e isto é por un motivo moi sinxelo: se as apostas realizásense en efectivo, os apostantes serían máis conscientes das cantidades que estan perdendo (xa que o teñen diante). Pero, ao usar as fichas, créase unha especie de "espellismo", xa que para nós son simples trozos de plástico con cifras neles, sen ningún valor. Isto pode facernos perder a concepción real das cantidades que estamos apostando, e do risco que corremos. No meu punto de vista, algo similar aconbtece coa nosa información en internet. Se tivesemos plena consciencia de que a información dos nosos gustos, crenzas, persoas do noso entorno... podería ser empregada nun futuro para, por exemplo, extorsionarnos ou amenazarnos, a xente o pensaría dúas veces antes de aceptar as cookies das páxinas as que accede.

estivo moi ben o exemplo dos casino ;-)
ResponderEliminar